luns, 4 de abril de 2016

TERRAE




Terrae é unha tenda e espazo de degustación de alimentos ecolóxicos. Situado na rúa Venezuela 76, Vigo, en horario de Luns a Venres de 09:00 a 21:00 e Sábados de 09:00 a 14:00. Onde atoparás alimentos de tempada e de proximidade, sans e saborosos e elaborados sen químicos nin aditivos

Ofrecen os mellores produtos naturais e moita paixón para que disfrutes dunha cociña saudable. 

Apoian as granxas, cooperativas e empresas locais e coidan o noso planeta.

O mellor dos nosos productos é o que non teñen: abonos e fertilizantes químicos, pesticidas, aditivos, conservantes, transxénicos... A alimentación orgánica é fruto dun sistema de xestión agraria que respeta os ciclos naturais, reduce o impacto ambiental do transporte e fomenta a economía local. Alimentos de alta calidade que, ademáis de recuperar os aromas e os sabores de antes, teñen uns niveis máis altos de vitaminas, minerais esenciais e antioxidantes.









Ningún comentario:

Publicar un comentario