Horario: 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:30 de Luns a Sábado.
Telf: 986 13 62 05
Rúa Coruña, nº 26
e-mail:labiodega@gmail.com
A túa tenda ecolóxica en Vigo.
Os produtos ecolóxicos son cada vez máis doados de atopar, pero en realidade seguen sin ser comúns. Moi poucos supermercados teñen produtos ecolóxicos, polo que se os queredes comprar deberedes acudir a tendas especializadas como a Biodega.
Biodega ofréceche alimentación bio, cosmética natural, macrobiótica, alimentación e hixiene infantil, libros, cursos, talleres...
É un espazo para a saúde, con valores de respecto ao medio e coidado das
persoas.
A nosa tenda
Aproveitando a primaveira deixámosvos unhas receitas para estes meses.
Como podemos comprobar en Abril temos uns tipos de alimentos saudables que están na súa tempada e é a mellor época para consumilos e facer receitas.
No mes de Marzo podemos comprobar que os vexetais de tempada son os Espárragos trigueiros, ceboliñas, repolos, cenoria, remolacha, leituga.... E froitas como Amorodos, laranxas, kiwis, mandarinas, plátano, limón,aguacate... Así con todos os meses La Biodega nos quere facer ver como hai tempadas para cada Vexetal e Froita onde sempre podes facer as túas receitas e gozas dos mellores produtos! Na Biodega ofrecémosche talleres e cursos de cociña onde o teu podes vir e aprender das mellores receitas.
Estes son uns exemplos dos cursos de cociña que che podemos ofrecer, agora presentarémosche unha gama de produtos saudables e ricos que che poderemos ofrecer!
Mel e pole ecolóxicos de Galicia. Tres variedades: castiñeiro, carballo ou silveira. Os bosques de carballos e os bosques fluviais, as silveiras e especies arbustivas de matogueira como o toxo e os breixos, constitúen a base da achega de néctar e pole que as nosas abellas melíferas realizan ás súas colonias.
O COCO
Todo o mundo está a falar do coco ¿queres saber por que? expertos en nutrición redactaron estes artigos, descobre os beneficios do seu consumo.
POTITOS
¿Queres coidar ao teu bebe? Pois non esperes máis e mira esta grande oferta.
Hai 9 sabores para elixir! potitos ecolóxicos, sans e elaborados con ingredientes frescos, sen azucres, sen conservantes nin aditivos. Ao teu bebé encantaranlle!
LEITE DE ARROZ
¿Queres unha bebida saudable? Aproveita esta oferta e non a deixes escapar.
BEBIDA DE ARROZ ecolóxica de Amandin a 1,35 € e se levas a caixa a 1,25 €.
A carne ecolóxica conta por definición cun alto nivel sanitario e nutritivo libre de calquera elemento químico ou hormonal. Os animais criados de forma ecolóxica gozan dun grande grao de liberdade, non están amoreados, o que permite a ausencia de estrés nestes; o seu engorde prodúcese a través de pastos naturais ou pensos ecolóxicos
Estes son algúns dos nosos moitos produtos que temos na tenda ven e visitanos e anímate a vir a un dos nosos talleres onde aprenderás a facer moitas cousas coa mellor alimentación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario