QUÉNES SON?
É un grupo de agricultores amantes da natureza que
coidan da terra para producir alimentos sabrosos e sanos.Todo isto a un precio
xusto tanto para o agricultor como para o consumidor.
Viven e traballan no concello Rairiz de Veiga nunha pequena
aldea de Ourense. Aínda conserva un valioso sistema agrario tradicional que
resulta ideal para a agricultura ecolóxica.
Daiquí é un proxecto rural sostenible que naceu no ano
1996 da mano dos militantes de M.E.L.(movimento ecoloxista da limia) coa
intención de demostrar que o sistema tradicional agrario galego é un patrimonio
moi valioso.
Daiquí nace cuns obxetivos que son os seguintes:
- Preservar o sistema agrario tradicional xunto coa
paisaxe a o asociado.
- Frenar o abandono do campo creando un empleo.
- Revalorizar a profesión do agricultor, acorde con su
importancia dentro da sociedade.
-Conservar e potenciar a variedade de semillas
autoctonas.
Contribuir á preservación dos recursos naturais
básicos: agua, terra e aire.
CÓMO FUNCIONAN?
Dispoñen dun almacén bioconstruído onde preparan os
pedidos que entregan directamente a domicilio con transporte propio ( Xinzo, Allariz,
Ourense).
Aos clientes que teñen no resto de Galicia
envianlle os productos mediante transporte urxente ou refrixerado.
Á
hora de preparar pedidos intentan minimizar ao máximo a produción de residuos,
utilizando caixas de cartón e madeira ou bolsas de papel ou plástico
biodegradables. Os residuos producidos no almacen van dirixidos a alimentar aos
animais o diretamente as suas composteras. Nestas mezclados con follas e outros
restos vexetales da súa horta se converten nun excelente abono orgánico.
AGRICULTURA
ECOLÓXICA
É
una forma de cultivar a terra que ten, como obxectivo fundamental, producir
alimentos sen residuos e de máxima calidade, respetando o entorno natural en
conservando a fertilidade da terra para a próxima xeración.
AGRICULTURA
ECOLÓXICA E CONSERVACIÓN DEL ECOSISTEMA AGRARIO TRADICIONAL.
O agro tradicional proporcionou alimentos e outros
bens necesarios de forma continuada durante séculos, grazas á sabiduría
acumulada xeración tras xeración.
Unha
obra de arte cun valor monumental moi pouco valorado e respetado polo “galego
sapiens” das últimas décadas, obsesionado forzosamente hacia un productivismo
insostenible de nefastos efectos secundarios para o medio ambiente, a salud dos
consumidores e do propio agricultor. Esta
visión negativista, os incendios, as parcelarias, o monocultivo e a agricultura
química, pusieron en perigo
de extinción un ecosistema de gran biodiversidade
TENDA, LISTADO DE PRODUCTOS
FRUTAS
-
Aguacate
-
Arandos
-
Kiwi 2 tipos
-
Limón 2 tipos
-
Mandarina 2 tipos
-
Mazás 3 tipos
-
Laranxa 6 tipos
-
Plátano
-
Pomelo
VERDURAS E HORTALIZAS
-
Acelga
-
Allos 3 tipos
-
Alcachofa
-
Apio verde
-
Berenxena
-
Cabaza
-
Cebola 3 tipos
-
Escarola
-
Leituga
-
Pataca
-
Remolacha
- Cogumelos
-
Tomate
-
Cenoria
OUTROS PRODUCTOS
-
Aceite
-
Vinagre
-
Arroz
-
Azúcre
-
Bebida
-
Café, Cacao
-
Fariña
-
Lácteo
-
Mel
-
Pasta






Ningún comentario:
Publicar un comentario