Árbore é una Sociedade Cooperativa Galega de consumo consciente; a súa finalidade e
conquerir produtos ecolóxicos coa mellor
relación calidade-prezo,
Elexiuse Vigo por ser esta cidade, a súa bisbarra, a zoa de
influencia, un espazo óptimo pola súa ubicación xeográfica e súas características sociais etc.
As persoas que constitúen a Cooperativa son consumidores
críticos de produtos ecolóxicos que
decidiron fundar unha empresa de consumo consciente,apoiando ó labrego galego, respetando o medio ambiente, ás persoas e o
resto dos animais. Todo isto a un prezo
razoable
Outro intereses que teñen
é o de comercializar produtos a
granel, que son máis
económicos e así conseguen que sexan máis accesibles. Aforran envases e embalaxes
innecesarias, reducindo a contaminación do medio ambiente.